NONO/ Nono
Un mundo onde os mosquitos loitan con espadas, os malabares serven para cociñar e os monos son os nosos mellores amigos. Un espectáculo tenro e desternillante, combinación de mimo, malabares, manipulación de marionetas e clown nun mundo sen palabras.
Sábado 12 ás 16:30h. Escenario grande · Duración 55 min.
ASACOCIRCO SHOW/ ASacoCirco
O espectáculo combina humor, e destreza física a partes iguais, todo con moita técnica e ritmo, con poucas palabras e un xogo cómico onde o espectador sentirá moi implicado e onde sempre hai lugar para a sorpresa.
Sábado 12 ás 19:15h. · Escenario grande · Duración 45 min.
ZONA EN OBRAS/ Brais das Hortas
ATENCIÓN, esta contada está en obras! Pero non vos preocupedes. Temos un andamio, tubos de antenista, unha guitarra eléctrica cun looper, unha batería cun capacho e un caldeiro, ferramentas... e a axuda inestimable do público.
Domingo 13 ás 13:30h.· Escenario pequeño · Duración 50min.
PEOR IMPOSIBLE/ Peter Punk
Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Nesta ocasión veremos a un pallaso optimista, equilibrado e olímpico, que buscará a complicidade do público para superar as dificultades que atopará en cada rutina, como unha metáfora dos tempos que vivimos.
Domingo 13 ás 17:15h. · Escenario pequeño · Duración 50 min.