ILLAS E CAMIÑOS/ Magin Blanco

Magin Blanco volve ao festival para presentarnos a súa nova aventura musical CAMIÑOS e a deleitarnos cos seus grandes éxitos nun concerto máis íntimo para cantaruxar en familia.

Sábado 12 ás 12:30h. Escenario pequeño · Duración 50 min.


CUARTETO CARAMUXO

Un cargamento de vellas melodías esquecidas que revivirán actualizadas para seren gozadas, bailadas e sentidas utilizando as súas mellores armas: percusión xunto a clarinetes e acordeón.

Sábado 12 ás 13:30h. · Escenario grande · Duración 50 min.  


A MÚSICA DA AUGA/ Servando Barreiro e Anxo Moure

Presentación oficial do NOVO LIBRO-CD A Música da auga, onde se recupera a cultura tradicional do "espertar das augas". Contos da chuvia e das fontes que divulgan a riqueza dos ecosistemas fluviais e marítimos e propoñen hábitos para o seu coidado.

Sábado 12 ás 18:00h. · Escenario grande · Duración 50 min. 


BRINCA VAI! De aquí e acolá/ Paco Nogueiras

Espectáculo musical baseado no libro-cd-dvd BRINCA VAI! Acompañade o músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida "Máquina" nunha divertidísima viaxe chea de humor baile e concións.

Domingo 13 ás 12:30h. · Escenario grande · Duración 50 min.


BULE BULE/ Paco Nogueiras

Espectáculo baseado no libro-cd-dvd RADIO BULE BULE. Paco Nogueiras convídavos vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE transmitindo para o mundo en linguaxe universal.

Domingo 13 ás 13:30h.· Escenario pequeño · Duración 50min. 



CONCERTO PUNKINFANTIL/

Peter Punk e Brais das Hortas

Peter Punk Pallaso e Brais das Hortas. Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario, acaban creando un delirio musical chamado Concerto PunkInfantil. Que hai máis punk ca unha nena ou neno? O punk é protestar! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!

Domingo 13 ás 19:00h. · Escenario grande · Duración 50 min.

© PLIS PLAS FESTIVAL. Todos los derechos reservados. 
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar