Chega a Vigo a segunda edición do PLIS PLAS FESTIVAL, un festival urbano multidisciplinar adicado ás crianzas tendo moi en conta ás súas familias. Un festival para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos.


Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo... e unha grande cantidade de actividades gratuítas e propostas de calidade e respectuosas coa infancia, que se celebrarán o sábado 12 e domingo 13 de maio de 2018 no Pau de Navia (Vigo). 


PLIS PLAS FESTIVAL é unha iniciativa de Plis Plas, la guia de los niños e a Escola de Música Mundo Sonoro, dous emprendementos que se fusionan para xerar un festival adicado ao seu público máis concreto.

NECESITAMOS O VOSO APOIO!

Pretendemos que o festival sexa totalmente GRATUÍTO, pero resultounos moi difícil conseguir o financiamento necesario para levar a cabo un evento como o que entendemos que merecen as familias.

Por iso os días do evento teremos á venda o merchandising exclusivo do festival deseñado por Ollalla Fernández, co que pretendemos sobre todo recadar fondos para cubrir parte dos gastos da organización do festival.

Pensamos que se cadaquén fai unha achega, na medida das súas posibilidades, entre todos poderemos conseguir levar adiante o festival. 

ENTRE TODOS FARÉMOLO POSIBLE !  

Organizan:

Patrocinadores institucionales:

Co-Patrocinador:

Colaboradores:

Co-Colaboradores:

Apoyan:

Media Partner:

© PLIS PLAS FESTIVAL. Todos los derechos reservados. 
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar